Crecen case un 50% as denuncias por violencia machista no primeiro trimestre de 2022 en Galicia con respecto a 2012

Vigo concentra o 13% do total das denuncias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

As denuncias por violencia de xénero en Galicia creceron durante o primeiro trimestre de 2022, un 49% con respecto a 2012, alcanzando as 2.353, segundo os datos do Consello do Poder Xudicial.

Estas cifras, difundidas polo Colexio de Procuradores de Vigo nun comunicado, son as máis altas da década, superando os niveis de 2019 e 2017 que, con 3.343 e 3.354 respectivamente, xa bateran unha marca de casos rexistrados.

Ademais, en Vigo tramitáronse 470 denuncias por violencia de xénero, un 13% do total das de Galicia. Así, as denuncias aumentaron na cidade un 17,5% con respecto ao primeiro trimestre de 2021.

Nesta liña, os datos recollen que en Galicia, o 5,3% das vítimas acóllese ao seu dereito de non declarar. En Vigo, son o 3,2% das denunciantes as que se acollen a este dereito.

Así mesmo, o Colexio de Procuradores de Vigo explicou que os seus membros están obrigados a recibir formación de en materia de violencia machista para participar nas quendas de oficio das salas de violencia de xénero.

Axuda contra a violencia de xénero.. XUNTA
Axuda contra a violencia de xénero.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta