A falta de persoal médico nos centros de saúde de Sanxenxo colapsa o Hospital Montecelo

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 18/11/2022 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O Centro de Saúde de Vilalonga volve quedarse coa metade do persoal médico. Un só médico ten que facerse cargo do seu cupo, de dez pacientes por día que lle adxudican pertencentes á axenda da compañeira e daquelas urxencias que aparezan. Nesta situación estarán polo menos ata o vindeiro 1 de decembro.

Concentración no centro de saúde de Baltar, en Portonovo, contra o 'desmantelamento' da sanidade pública. ASOCIACIÓN EN DEFENSA DÁ SANIDADE PÚBLICA
Concentración no centro de saúde de Baltar, en Portonovo, contra o 'desmantelamento' da sanidade pública. ASOCIACIÓN EN DEFENSA DÁ SANIDADE PÚBLICA

Por outra banda, o Centro de Saúde de Baltar segue sen servizo de Pediatría, con axendas pechadas de médicos de familia e co PAC (Urxencias) atendido sen equipo completo (o normal sería que houbese un médico, un enfermeiro e un traballador do Persoal de Servizos Xenerais do Sergas), derivando aos pacientes, ás máis de veces, ao Servizo de Urxencias de Montecelo, ao non dispoñer de facultativo médico.

Así, aquelas enfermidades que se puideran atender tanto en consulta ordinaria como en urxencias dos centros de saúde, rematan en urxencias do Hospital Provincial e de Montecelo, desbordándoo por completo.

Ante esta situación, dende a plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo facemos un chamamento a toda a poboación de Sanxenxo e concellos limítrofes a que participen na concentración 'Arroupa a sanidade pública digna' que se celebrará nas inmediacións do Centro de Saúde de Baltar (Portonovo), o vindeiro domingo 20 de novembro, ás 12.00.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta