Baixan os contaxios da Covid en Galicia a menos de 1.900

Hai 176 ingresados en hospitais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este sábado un descenso de infeccións activas ata as 1.885 (33 menos), así como de novos contaxios, 126 (34 menos que este venres). Por contra, ascenden lixeiramente os ingresados con Covid ata os 176 (+1).

No que respecta aos falecementos, os datos publicados este sábado por Sanidade --actualizados ás 18,00 do venres-- non reflicten ningún óbito nas últimas horas, polo que a cifra de mortes mantense en 3.961.

En canto a casos activos, por áreas sanitarias, a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras segue á cabeza con 470 (-2). Séguelle A Coruña-Cee, pero de lonxe, con 307 casos totais (+9). Tras elas, a de Vigo, con 285 (-3); a de Santiago-Barbanza, que contabiliza 284 (-10); a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 241 (-5); a de Ferrol, con 153 (-12); e a de Pontevedra-O Salnés, con 143 (-2).

Todo iso nunha xornada na que o Sergas notifica 125 novos contaxios de covid-19, 34 menos. 26 deles correspóndense coa área ourensá e outros 26 coa coruñesa, tras as que se atopan a de Vigo (25), Santiago (13), Lugo (13), Pontevedra (12) e Ferrol (11).

No que respecta á presión hospitalaria, aumentou lixeiramente nas últimas horas ata os 176 ingresados con covid en toda Galicia, un máis. En concreto, hai 162 pacientes en planta (-1) e os 14 restantes están en unidades de coidados intensivos (+2).

Hai tres áreas nas que descenden os hospitalizados. Son a de Ferrol, con 13 ingresados (-2); a de Santiago, con 29 (-2); e a de Vigo, con 13 (-2). Por contra, aumentan na área de Ourense, ata os 34 (+1); a da Coruña, con 50 (+3); a de Pontevedra, con 20 (+1); e a de Lugo, con 17 (+2).

Vacina de Novavax contra a COVID-19
Vacina de Novavax contra a COVID-19 | Fonte: Novavax - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta