Rueda critica as "risiñas" doutros partidos cando o PP fala de familia: "Entenden que é obsoleto e de fachas"

Destaca que a Xunta aumentará un 36% o orzamento destinado a infancia e dinamización nas contas de 2023.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2022 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, criticou as "risiñas" doutros partidos cando o PP fala de familia porque entenden que é algo "caduco, obsoleto e de fachas" ou que "non é moderno". "Estou seguro de que agora mesmo e a semana que vén que hai Parlamento teremos as risiñas dos de sempre, que entenden que cando se fala de familia fálase de algo caduco, obsoleto, de fachas ou que non son modernos", advertiu Rueda na clausura dun acto organizado polos populares galegos con motivo do Día Internacional da Infancia.

Alí, o líder do PPdeG sinalou que esas "risiñas" mostran a "incomprensión e intolerancia" dos que, na súa opinión, "cren que a única familia que vale e o único modelo do que se pode falar, apoiar e presumir, é o que eles entenden". "Toda esta xente que bota esas risiñas cando escoita ao PP, pregúntome en que realidade viven, pregúntome a que maioría cren que representan. Eu dígolles que sexa a familia que sexa: monoparentais, tradicional, con independencia do sexo, de relixión, adoptivas, de acollida, etc., a calquera tipo de familia, a nós válenos. Isto é cuestión de respecto e de abrir a mente", reivindicou o líder dos populares galegos.

Fronte a esas actitudes, puxo en valor o "apoio" da Xunta de Galicia ás familias galegas, con medidas como "a gratuidade das escolas infantís", as 'Casas Neno', a 'Tarxeta Benvida' ou o Bono Coidado. Así, expresou que os impostos que pagan os galegos "están moi ben empregados" e, aínda que recoñeceu que estas axudas "non son a solución", "sempre se agradecen cando empeza unha nova familia".

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, nun acto organizado polos populares para celebrar o Día Internacional da Infancia.. PPDEG
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, nun acto organizado polos populares para celebrar o Día Internacional da Infancia.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta