Intensas chuvias e forte vento en toda Galicia

Hai alerta laranxa por temporal na costa galega.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/11/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias anunciou a activación para este luns dunha alerta laranxa por temporal na costa galega que afectará a partir das 03,00 horas a Lugo e ao noroeste da Coruña.

Segundo a información que ofreceu a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico traerá ventos do suroeste de forza oito e ondas de ata sete metros de altura.

No oeste da Coruña, está previsto que a climatoloxía cambie sobre as 10,00 horas con ondas de ata sete metros. Por outra banda, o suroeste da Coruña e a provincia de Pontevedra notarán os cambios ás 13,00 horas e haberá mar combinado co noroeste con ondas que poderán alcanzar o seis metros.

Por iso, a Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da costa e tomar precaucións ao realizar actividades no mar, mediante a revisión de cabos e amarres das embarcacións.

Un grupo de persoas fai, sen ter en conta as alertas, unha fotografía na zona das Escravas, na Coruña, durante unha borrasca e forte ondada no mar
Un grupo de persoas fai, sen ter en conta as alertas, unha fotografía na zona das Escravas, na Coruña, durante unha borrasca e forte ondada no mar | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta