Galicia volve superar a barreira dos 200 ingresados con Covid

Aumentaron os hospitalizados en 17 nas últimas horas e detectáronse 128 novos casos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O número de pacientes hospitalizados con covid en Galicia aumentou en 17 nas últimas 24 horas, nas que se detectaron 128 novos casos que elevan o total de persoas con enfermidade activa a 1.616.

O último balance ofrecido pola Consellería de Sanidade, con datos solicitados ata as 18,00 horas do martes, arroxa que o total de pacientes ingresados vulve a estar por encima dos 200, ao computarse un global de 201, dos que 188 están en unidades convencionais e 13 en UCI, tres máis que o día anterior. Máis da metade dos pacientes críticos están ingresados en hospitais da área sanitaria da Coruña-Cee, onde hai 49 persoas en planta e 7 en UCI, dúas máis que o día anterior.

Así, soben os hospitalizados con coronavirus en todas as áreas sanitarias salvo en Pontevedra --18 (-1)-- e Santiago --26 (-5)--. No resto, as maiores variacións prodúcense en Ourense --38 (+6)-- e Vigo --26 (+6)--. En Lugo aumentan en dous ata os 22 ingresados e en Ferrol en tres ata os 14.

En relación aos casos activos por áreas sanitarias, Ourense segue un día máis como o distrito con maior volume con 403 (+1), seguida pola Coruña-Cee con 267 (+1) e Vigo con 258 (+13). Tamén soben lixeiramente en Lugo ata os 229 (+8), mentres baixan en Santiago --217 (-3)-- e Pontevedra --116 (-3)--. Pola súa banda, en Ferrol mantéñense os activos en 126.

Este mércores, a Consellería de Sanidade non notificou novos falecementos asociados á pandemia. Ata a data, son 3.965 as mortes vinculadas ao covid. Ademais, o número de dose da vacina contra o coronavirus ascenden xa a 7.476.709.

Residencia de maiores das Gándaras / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Residencia de maiores das Gándaras / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta