Prisión para os tres detidos pola morte dun home na Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 24/11/2022 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 da Coruña, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para os tres detidos pola morte dun home nunha vivenda do barrio dos Mallos, na Coruña, o pasado día 19.

Así o informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras a detención a principios da semana de dous homes e unha muller. Unha das detencións, a do primeiro home, produciuse o luns, mentres que as outras dúas, a do segundo home e a da muller, foi o martes.

Desde o TSXG, confirmouse a decisión do xulgado de decretar o ingreso en prisión provisional, investigados o tres por "un delito de homicidio/asasinato, a determinar durante a instrución".

Detido pola Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Detido pola Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta