Unha batalla que chega a Galicia

Os problemas que tivo o PP para pechar as listas e que remataron co anuncio de Gallardón de deixar este partido tamén chegaron a Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/01/2008 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

43 Oscar

Por certo, que se o BNG ata agora tén escusa para baixar coma ti dis, ¿cando chegará a súa nova suba?
Os nacionalistas sempre confiades en que ides subir, nas autonómicas de 2005, nas municipais de 2007, e nas europeas, supostemente iades mellorar os vosos resultados.
E mira por onde creo qeu xa obtiven a clave:
http://www.elmundo.es/especiales/20...
¿Qué escusa tén segundo ti o BNG para baixar ¡nove puntos! entre as europeas do 99 e as do 2004? Nin cambio de líder nin voto útil, ¿qué escusa vas poñer agora?
Insisto: tamén Chávez se negou a recoñecer os seus erros tras o último referendo, sempre teñen os outros a culpa.
Ao mellor é que os do BNG precisan menos conto e máis realidade.

42 Oscar

Vexo que non coñeces moito Andalucía, pensa que Sevilla, Málaga, Córdoba e Granada teñen máis poboación que Vigo, e logo a meirande parte do que alí se chaman pobos soen ter máis de 10.000 habitantes. Un pouco de humildade, a ver se agora vai ser Galiza o lugar máis urbán do mundo mundial.
Respecto ás alcaldías do PP urbanas en Andalucía, e centrándome nas cidades maiores de 100.000 habitantes, o PP goberna Málaga, Granada, Cádiz, Almería, Huelva e Marbella; o PSOE goberna Sevilla, Jaén, Algeciras, Jerez e Dos Hermanas e IU goberna Córdoba. Tocan polo tanto a seis cidades para o PP e outras tantas para a esquerda (5 PSOE e 1 IU). Iso é certo nas municipais, onde se vota aos alcaldes; e o PP non soe presentar malos candidatos, pero nas xerais o PSOE gañou en todas as cidades que goberna e máis en Huelva, Cádiz, Málaga e Marbella. o PP só foi a forza máis votada en Granada (debe ser polo mal que se levan Granada e Sevilla, e o impopular que é polo tanto a Junta nesa cidade), Almería e Córdoba (pola desunión da esquerda, onde IU tén moita forza). Logo, nas provincias, o PSOE gañou en todas, nas oito provincias andaluzas o PSOE levou coma mínimo un 47% dos votos. Se queres, comproba por ti mesmo todos eses resultados coa URL que che dín e que vexo que nin miraches para falr tan a lixeira. Veñen datos ata dos resultados nos distintos municipios.
Repítoche que non son municipais, senón xerais, que en Andalucía o PP de hoxe en día mete medo, ao mellor o alcalde concreto (sobre todo se é alguén coma Pedro Rodríguez ou coma Teófila Martínez) dunha cidade non o mete, pero Rajoy, Acebes e cía non son benqueridos en Andalucía.
Póñoche un exemplo que coñezo moi ben: en Sevilla os do PP presentaron a Zoido, un xuíz con fama de responsable e traballador, para enfrentarse ao alcalde socialista, Monteseirín, un home que só de verlle a cara xa se ve que é o típico cateto; e de feito demóstrao a malísima xestión da cidade. Zoido gañou có 42%, pero IU novamente diu a alcaldía ao PSOE que tivera un 40%. Iso nas municipais, pero nas xerais, o PSOE é imbatible tanto na cidada de Gonzalez e Guerra (onde levou o 53%) e aínda máis na provincia que é a máis socialista de España, e onde o PSOE sacou máis de trinta puntos ao PP, con máis do doble de votos.
Respecto aos resultados, ao mellor agora debera corrixilos á baixa por isto do crck da Bolsa. A verdade é que Solbes non foi moi convincente, e á xente pódelle aumentar a sensación de que a economía vai mal. Se ben, a economía tamén vai mal en Francia, e iso non impediu a elección de Sarkozy que é do mesmo partido que Chirac, i en EEUU a crise para nada hundíu as posibilidades do Partido Republicano.

41 Bule bule

Que Andalucía e maioritariamente urbana...Bueno vale. Aceptamos barca como animal doméstico.
Que o PSOE é imbatible en Andalucía...xa. Dime Óscar, quen goberna en case tódalas capitais de provincia en andalucía?? E algunhas con maioría absoluta creo, non?? Ou cerca de conseguila. Eu entendo como imbatibilidade outra cousa que queres que che diga...Eu entendo imbatibilidade cando se gaña en tódalas eleccións. Para darlles medo o PP, ven que lles botan nas municipais :D
Eu non busco excusas a baixada do BNG. Eu te expliquei de maneira razoada o que pasou. Dixen algunha mentira?? Mentín sobre o cambio de líder?? Non pasa iso, Óscar, cando hai esos cambios?? Fala con Almunia a ver que te di. Persoalmente creo que fixeron o cambio no bloque no peor momento posible. A finais do 2003 e con 2 eleccións (Xenerais e europeas) á vista.
¿Mentín cando dixen que votaron 150-200 mil persoas de máis nesas eleccións para amosar o seu desagrado ás mentiras é manipulación do PP? Mentín cando dixen que 50 mil votantes do BNG optaron polo voto inútil?? Hai unha realidade, Óscar, O PP, mal que me pese, conseguirá 700-750 mil votos. ¿O PSOE conseguirá ese número de votos?? Nin de broma.
Enquisa de antena 3 deste luns: http://www.tns-global.es/sectores/o...
Dous puntos de vantaxe. Estas enquisas teñen un marxe de erro +- 3%. Isto é empate técnico. Dime Óscar, como en 40 días escasos o PSOE vaille sacar 9 puntos máis o PP??
Por certo, a última enquisa do CIS (Organismo nada sospechoso de connivencia có PP), dalle o PSOE unha vantaxe de 1.5 puntos. E para iso cunha participación do 80 %!!!. Nunca se deu semellante participación. No 2004 con todo o que pasou nin chegou o 77 %. E nestas eleccións, eu non espero mais do 70 %. De feito a retiraron "para facer outra que recolla o affaire Gallardón". ¿Ista polémica vaille dar 10 puntos de vantaxe mais o PSOE?? Hai que ser moi inxenuo Óscar.
Eu non creo moito nas enquisas, pero se hai varias que din o mesmo, algo haberá de certo, non??

40 Oscar

Que un partido leve 25 anos no goberno non quere dicir que sexa mediante manipulación electoral e caciquismo, ¿entón por qué os socialistas levan 25 anos na alcaldía de Barcelona ou de A Coruña? Evidentemente, cando estamos a falar de cidades elimínase toda sospeita de tal caciquismo, pois e moito máis difícil cacicar cidades e rexións urbanas ca pobos; e Andalucía é moi maioritariamente de poboación urbana; tén moita menos poboación rural que Galiza ou ca Castela e León, que son campionas do país en poboación rural.
En casos coma ese, e cando ademáis sabemos todos o que acontecía ata hai ben pouco no rural galego (e aínda segue a acontecer anque debilitado), non podemos falar de victoria lexitimada democráticamente.

39 Oscar

¿¿¿¿¿O PP un 40% de votos en Andalucía?????
¿De onde carallo sacas iso?
JAJAJAJA
o PSOE de Andalucía é imbatiblee agora por riba váise beneficiar dos problemas internos que están a ter o Partido Andalucista e Esquerda Unida.
Diferencias PP-PSOE nas comunidades que ti citas NAS ÚLTIMAS XERAIS:
Madrid-menos dun punto.
Valencia-catro puntos.
Galicia-9
Navarra-4
Canarias-menos dun punto
Castela e León- 9
Baleares-6
Rioja-5
e únicamente Cantabria-11 e Murcia-23
Deberas docuentarte un pouquiño.
Iso sí, engade que o PP tamén gañou en 2004 en Asturias e Castela-A Mancha.
O PSOE só gañou en catro autonomías: Andalucía, Catalunya, Extremadura e Aragón. E con esas catro bastou para gañar porque as duas primeiras son as máis poboadas e nelas os peperos fixeron e seguirán a facer o ridículo.
Respecto ao do líder descoñecido: ZP era máis descoñecido en España ca Quintana en Galiza cando ambos se enfrentaron ás súas primeiras eleccións. Hai catro anos ZP era o líder pancartero, o líder da oposición por natureza, que estaba mellor na oposición ca no goberno, era o "Bambi", un descoñecido aparecido en León. E sen embargo gañou tras unha suba de nove puntos.
Se fose unha derrota, non habería escusa, pero os do BNG sempre tendes unha escusa para desculpar a baixada ondequeira que sexa, cando non é por haches e por bes, vese que traballar por Galiza desgasta moito. Sóname a Chávez, que cando perdeu o referendo hai pouco tamén puxo escusa de que foi cousa do Rei e da conspiración dos lacaios do imperio e non foi culpa súa por egocéntrico.
Polo das listas non teñas medo, xa sei que non voto directamente a ZP ou Rajoy, pero dou por feito que quen eu elixa votará no meu nome por ZP.
respecto ao do caciquismo en Andalucía, non te preocupes: os caciques só están nas aldeas i en Andalucía o máis pequeno son vilas, pois teñen unha distribución da poboación moito máis concentrada, non é coma en Galiza, en Andalucía non hai aldeas nin minifundios; polo tanto non hai caciquismo, senón un sentimento de esquerdas moi arragiado na xente: moito sindicalismo, moito movemento agrario, e moito antifranquismo. O PSOE gaña nas vilas e nalgunhas cidades, o PP gaña nas cidades nas que o PSOE non gaña. Pero o PP aos andaluces non os ilusiona coma alternativa ao socialismo, en todo caso o PP dálles medo. Se o PSOE perde algún día en Andalucía, terá que ser nun ambiente de pasotismo total e abstención masiva, porque a un pouco que uns cantos andaluces progresistas vaian votar aínda que só sexa por medo a que gobernen os fachas do PP, o PSOE volta a gañar. Moi mal terían que estar as cousas para que o PSOE baixese do 48% dos votos en Andalucía, resultado que sacan a un chisco que se chame á mobilización.