Por Europa Press / Redacción | Compostela | 25/11/2022 | Actualizada ás 12:08
A pensión media en Galicia crece un 5,58% no mes de novembro e queda en 934,60 euros, por baixo da media nacional, que alcanzou os 1.094,02 euros, segundo informou este venres o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Por provincias, na Coruña a pensión media fíxase en 980,64 euros, con 302.430 beneficiarios; en Pontevedra 974,78 euros, con 245.949 beneficiarios; en Lugo 840,61 euros, con 113.918 beneficiarios; e en Ourense 811,70 euros, con 106.612 beneficiarios.
Así, o total de pensións na comunidade galega situouse a 1 de novembro en 768.909, un 7,7% do total. Delas, 482.926 persoas cobran unha pensión por xubilación, cunha media de 1.067,62 euros; mentres que as pensións por viuvez alcanzan as 184.650 cunha media de 660,50 euros. Pola súa banda, 71.328 persoas en Galicia perciben unha pensión por incapacidade permanente, que teñen unha contía media de 940,44 euros.
No caso da pensión media por xubilación, Galicia alcanzou no mes de novembro os 1.067,62 euros, aínda que nas provincias de Ourense e Lugo non chega a 1.000 euros, xa que queda en 893,43 e 949,96 euros, respectivamente. Pola súa banda, na Coruña, a media atópase nos 1.126,02 euros e, en Pontevedra, 1.123,68.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.