O temporal continurá en Galicia ata o mércores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou este luns a alerta laranxa por temporal costeiro en toda Galicia, que se manterá ata o martes. O mércores avanzaron a alerta amarela.

Meteogalicia, pola súa banda, ratifica o nivel de alerta laranxa para este luns na Costa da Morte e no Noroeste da Coruña, onde se espera mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros de altura entre Bares e Fisterra e de catro a 5 metros no resto do litoral.

No que respecta á xornada do martes, Meteogalicia mantén a alerta laranxa ata as 6,00 horas na Costa da Morte e na Coruña Noroeste. Así, esas dúas zonas a partir das 6,00 horas e ata as 12,00 espérase que a predición cambie e se sitúe en alerta amarela, con mar de fondo de noroeste e ondas de entre catro e cinco metros de altura.

Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta