Os nenos vacunados contra a gripe este fin de semana multiplicaron por oito as cifras do pasado ano

Un total de 5.000 menores galegos de entre 6 meses e cinco anos recibiron a vacina no dispositivo habilitado nos 14 hospitais públicos de Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

Un total de 5.000 menores galegos de entre 6 meses e cinco anos recibiron a vacina contra a gripe no dispositivo habilitado durante este fin de semana nos 14 hospitais públicos de Galicia, despois da proba piloto realizada o anterior fin de semana en Santiago.

Segundo destacou a Consellería de Sanidade, a través deste dispositivo conseguiuse que a cobertura da poboación diana pasase do 36,22 % ao 43,44 %.

Por áreas sanitarias, na Coruña a cobertura pasou do 39,6 % ao 46,25 %; na de Ferrol do 36,81 % ao 43,66 %; na de Santiago do 46,18 % ao 52,42 %; na de Lugo, do 34,53 % ao 41,42 %; na de Ourense, do 27,38 % ao 35,08 %; na de Pontevedra, do 32,16 % ao 40,99 %; e na de Vigo, do 31,67 % ao 39,37 %.

Así, a Consellería subliñou que durante estas xornadas extraordinarias multiplicáronse por oito os nenos vacinados nun día.

As vacinas axudan aos mesmos nenos e a quen os rodean
As vacinas axudan aos mesmos nenos e a quen os rodean | Fonte: Istock

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta