A Mesa advirte de que a retirada do delito de sedición implicaría prisión dos que defendan pacificamente a lingua

A Mesa chama á sociedade galega a mobilizarse polo dereito á protesta democrática.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2022 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística advirte de que a reforma do código penal proposta polo goberno do Estado para cumprir co  mandato europeo de retirar o delicto de sedición implicaría penas de prisión e inhabilitación para as persoas que participen en accións pacíficas en defensa da nosa lingua. "A modificación proposta polo goberno español", advirte o presidente da entidade en defensa da lingua, Marcos Maceira, "é un ataque á protesta social lexítima e pacífica, que será obxecto de persecución e que poderá levar consigo penas de prisión mesmo en ausencia de calquera tipo violencia".

Manifestación da Mesa pola Normalización Lingüística na Illa da Toxa, no Grove, para defender o topónimo oficial fronte ao Foro La Toja
Manifestación da Mesa pola Normalización Lingüística na Illa da Toxa, no Grove, para defender o topónimo oficial fronte ao Foro La Toja | Fonte: A Mesa - Europa Press

Así, os centos de persoas que participaron ao longo dos últimos anos nas protestas organizadas pola Mesa en edificios da Xunta, nas primeiras manifestacións contra o decreto de plurilingüísmo, en concentracións como as da Illa da Toxa ou mesmo as que sufriron acusacións falsas realizadas pola delegación do goberno sufrirían penas de prisión e inhabilitación.

"A reforma do delito de sedición só dá inseguridade a calquera persoa que se manifeste", critica Maceira, "e que poderá ser perseguida penalmente, se se considerar a existencia de calquera tipo de intimidación". Penalízanse accións que están desde hai décadas no repertorio da mobilización social e que empregan todos os colectivos de Galiza: asociacións veciñais, cívicas, culturais de nais e pais, sindicais, políticas, cargos públicos… indepentemente da súa ideoloxía ou reivindicación. Segundo o texto de reforma do Código penal, conleva prisión e inhabilitación a participación en cortes de tráfico, a entrada en edificios públicos ou as manifestacións notificadas fóra de prazo, aínda que se desenvolvan pacificamente.

O presidente da Mesa lamenta que, "non contento con incumprir a promesa de derrogación da chamada Lei mordaza", o goberno español "criminalice agora calquera tipo de protesta pacífica". A Mesa chama á sociedade galega a mobilizarse polo dereito á protesta democrática.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta