Investigadores analizan o impacto do cambio climático nunha planta endémica de Galicia

Trátase da 'santolina semidentata'.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/11/2022 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo) participaron nunha investigación que analiza como o cambio climático pode estar a afectar á viabilidade das poboacións dunha planta endémica do noroeste ibérico, a 'santolina semidentata'.

Segundo sinalou a USC, a adaptación a distintos substratos desta especie, a súa relación de parentesco con especies próximas e a súa capacidade adaptativa aos cambios ambientais son os horizontes formulados neste proxecto coordinado polos profesores do Departamento de Botánica da USC, Santiago Ortiz e Miguel Serrano.

Exemplar da 'santolina semidentata'. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Exemplar da 'santolina semidentata'. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

Nesta liña, o equipo investigador explicou que "se identificaron os lugares que poden albergar a especie nas condicións climáticas actuais e en futuros escenarios, observándose como se modifican as distribucións".

Ademais, no marco desta investigación financiada pola Fundación Biodiversidade que depende do Ministerio para a Transición Ecolóxica, empregáronse ferramentas de modelización de nicho ecolóxico para identificar posibles casos de híbridos con especies próximas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta