A segunda xornada de folga de letrados xudiciais suspende outros 750 xuízos e vistas en Galicia

Os paros continuarán a mediados de decembro e, se non se cumpren as esixencias, convocarase unha folga indefinida en xaneiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 30/11/2022 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A segunda xornada da folga de letrados da Administración de Xustiza suspendeu este mércores, segundo datos provisionais do Colexio Nacional de Letrados da Administración de Xustiza, a celebración duns 750 xuízos e vistas na comunidade galega.

A folga, convocada polo Colexio Nacional de Letrados da Administración de Xustiza, a Asociación Independente de Letrados (AINLAJ) e a Unión Progresista de Letrados (UPSJ), tivo un seguemento próximo ao 71 %.

Así o sinalaron fontes do Colexio Nacional de Letrados da Administración de Xustiza consultadas por Europa press, un feito que supón un seguemento dos paros en Galicia similar ao producido na primeira xornada de folga celebrada este martes, 29 de novembro.

No que respecta a todo o territorio nacional, a folga de letrados, que este martes, 29 de novembro, tivo un seguimento do 75 %, subiu a media da participación en cinco puntos, sendo Madrid, Andalucía e Castela A-Mancha as comunidades que maior incremento de participantes experimentaron.

Xulgados de Vigo
Xulgados de Vigo | Fonte: Europa Press

ESIXENCIAS DOS LETRADOS

Entre os puntos destacados consta a "cláusula de enganche" de retribución dos Letrados da Administración de Xustiza (LAJs) que piden que se inclúa, vía emenda, na Lei de Eficiencia Organizativa que actualmente se debate no Congreso.

As organizacións convocantes tamén subliñaron a petición de redución dos grupos de poboación de 5 a 3, unha medida que, segundo indicou o Colexio Nacional nun comunicado previo, "suporía a aplicación das mesmas contías por complemento xeral de posto existentes actualmente, como os médicos forenses, aos Letrados de Xustiza".

Ao fío, no comunicado conxunto, o Colexio, a AINLAJ e a UPSJ reclamaron que se actualice de forma "inmediata" a porcentaxe actual destinada ao concepto de produtividade. Tamén pediron que se recuperen os días de libranza, "respecto daquelas substitucións que non daban lugar a retribución económica".

SOLICITUDE DE REUNIÓN CO MINISTERIO

Á marxe, o Colexio Nacional de Letrados da Administración de Xustiza asegurou que xa o pasado outubro solicitaron unha reunión formal co Secretario de Estado de Xustiza e que desde entón "ninguén" lles aclarou "as súas dúbidas", o que, ao seu xuízo, "supón un desprezo absoluto" cara ao Corpo de Letrados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta