Pontón reclama "salvar as persoas, non a banca" en Ferrol nunha presentación de medidas contra a suba de prezos

Non se poden repetir os erros de 2009", aseverou Pontón, que alertou que esta nova crise "non pode levar por diante a miles de familias" como, di, ocorreu hai unha década.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2022 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, incidiu na necesidade de adoptar "medidas valentes" para que exista unha saída "xusta" a "a peor" crise de prezos dos últimos 40 anos.

A líder frontista interveu na tarde noite deste mércores nun acto organizado polo Bloque en Ferrol, onde remarcou que é preciso pór coto desde as administracións aos beneficios das eléctricas, que "continúan forrándose nesta crise".

"É o momento de salvar ás persoas, non á banca, ás eléctricas ou ás grandes fortunas", aseverou Pontón no marco das presentacións que realiza o BNG da súa campaña contra a crise de prezos, que culminará o 18 de decembro cunha manifestación en Santiago.

Neste sentido, a líder nacionalista defendeu que "si existen alternativas" fronte a un PP que "goberna para os ricos". "Non se poden repetir os erros de 2009", aseverou Pontón, que alertou que esta nova crise "non pode levar por diante a miles de familias" como, di, ocorreu hai unha década.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto en Ferrol. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto en Ferrol. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta