Volta 'O Peto dos Desexos' de Allariz

Campaña de dinamización do comercio de proximidade que impulsa o concello, xunto con comercio e hostalería locais, para incentivar as compras durante o Nadal.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 02/12/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A iniciativa “O Peto dos Desexos” sorteará 2 premios de 250 euros e 5 de 100 euros entre os clientes do comercio e hostalería da localidade que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros.

Cristina Cid e María López. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Cristina Cid e María López. Foto: Prensa Concello de Allariz.

Todas as persoas que queiran participar poderán facelo dende o 2 de decembro e ata 6 de xaneiro, ámbolos dos incluídos. Os comprobantes de compra serán depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos que estarán situados no Alto do Portelo e na entrada da Alameda.

O vindeiro 9 de xaneiro sortearanse 1000 € en premios nun acto público que terá lugar ás 11:00h diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo). 

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, e María López, Concelleira de Comercio, lembran que mercar en Allariz sempre ten premio, porque ademais de dinamizar a economía local, estamos axudando aos nosas veciñas e xerando emprego. "É a nosa responsabilidade mercar de xeito responsable e a nosa implicación é vital para que o sector salga adiante", comenta a rexedora.

A información da campaña e as bases do Peto dos Desexos pódense atopar en www.allariz.gal/nadal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta