Un xulgado de Santiago investiga se houbo irregularidades na adxudicación dunha campaña de cidades patrimonio

No auto de admisión precísase que é necesario pedir máis documentación para determinar se hai indicios consistentes contra os querellados --entre os que se atopa Bugallo--.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2022 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago abriu unha investigación, por mor dunha querela presentada por unha axencia de comunicación compostela, para determinar se houbo irregularidades na adxudicación dunha campaña de publicidade elixida pola Comisión Executiva do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade. Entre os membros deste órgano figuran varios rexedores do país, entre eles o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

A consulta de Europa Press, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que a querela foi admitida a trámite. No auto de admisión precísase que é necesario pedir máis documentación para determinar se hai indicios consistentes contra os querellados --entre os que se atopa Bugallo--.

As mesmas fontes precisan que, só tras a valoración da documentación, o xulgado poderá decidir se se sobresee o caso ou chamar en calidade de investigados a quen se considere oportuno citar. "Polo momento, esta decisión non está tomada e non estará ata que chegue a documentación e póidase estudar", trasladan.

TRANQUILIDADE EN RAXOI

Este xoves, nunha rolda de prensa celebrada este xoves para presentar o programa de Nadal, e preguntados polos medios, a concelleira de Centros Socioculturais e Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Festas e Turismo, Sindo Guinarte, sinalaron estar "bastante sorprendidos" por este asunto.

"Estamos moi tranquilos respecto diso porque entendemos que todo iso ía avalado e asinado polos correspondentes responsables técnicos dese contrato", detallou Rosón. Estas palabras ratificounas Guinarte que se incidiu en que "está convencido de que se fixo con todas as garantías dese momento".

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Pazo de Raxoi
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Pazo de Raxoi | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta