O BNG cuestiona o informe do derrube da A-6 porque o fixeron "consultoras que traballan con empresas implicadas"

Pedirá unha comisión de investigación no Congreso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O BNG denunciou este venres que os informes encargados polo Goberno central sobre as causas do colapso no viaduto do Castro na A-6 encargáronse a dúas consultoras que "traballan de forma habitual coas construtoras implicadas". Así, indicou que solicitará unha comisión de investigación na Cámara baixa para "depurar as responsabilidades políticas".

O deputado do Bloque no Congreso Néstor Rego explicou nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela que o informe "é inaceptable e fraudulento", e que as conclusións "son pouco precisas".

Deste xeito, insistiu en que "é escandaloso" que as consultoras responsables dos informes, EMC2 e Idea Consulting , "traballen coas empresas construtoras", FCC e ACS. Ademais, aludiu a algunhas obras levadas a cabo por estas empresas de modo conxunto, como a ampliación do estadio madrileño Santiago Bernabéu.

Rego subliñou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) "está a protexer ás empresas construtoras" e destacou en que o informe revela "defectos de construción" da infraestrutura e que "isto debería levar a que se depuren responsabilidades".

Nesta liña, sinalou que xa solicitaron que a ministra Raquel Sánchez Jiménez compareza para dar explicacións e que solicitarán unha comisión de investigación parlamentar para "depurar as responsabilidades políticas". Así, pedirán que se encargue un novo estudo "a empresas independentes, sen condicionantes nin presións".

O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, en Santiago de Compostela
O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta