Case a metade dos condutores galegos repostan en gasolineiras 'low-cost' tras a crise do combustible

A outra metade sígueo facendo en gasolineiras tradicionais

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 03/12/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O impacto que o contexto económico actual está tendo no peto dos consumidores incrementou o número de condutores españois que repostan en gasolineiras automáticas. Así o pon de manifesto o estudo 'Rutinas de consumo de combustible en España', elaborado por Plenoil, compañía propietaria dunha ampla rede de estacións de servizo low-cost.

Un home resposta o seu vehículo nunha gasolineira
Un home resposta o seu vehículo nunha gasolineira | Fonte: Gloria Sánchez

Neste informe obsérvase que catro de cada dez condutores galegos (o 47,27 %) adoitan repostar en estacións de servizo de baixo custe, fronte a un 50 % que recoñece ser cliente frecuente das gasolineiras tradicionais. Así mesmo, o segmento de condutores que recurren ás gasolineiras automáticas, máis da metade (24,55 %) comezou a facelo recentemente co fin de asumir o menor prezo posible.

Entre os motivos que impulsaron este cambio de tendencia cara as gasolineiras automáticas, seis de cada 10 galegos aseguran que é o prezo do combustible o factor principal que os leva a elexir repostar nunha gasolineira ou noutra no seu día a día (60 %), seguida da ubicación (48,18 %, destacando a franxa de idade de máis de 35 anos), os servizos que ofrece máis aló da repostaxe do combustible (15,45 %) e a atención ao cliente (21,82 %).

Dende fai algúns meses, os condutores tiveron que facer fronte a unha escalada progresiva no prezo do combustible que chegou en varias ocasións aos seus máximos históricos. Para paliar os elevados custes, o Goberno implantou un desconto temporal de 20 céntimos por litro de carburante, como cabe lembrar, unha medida que apoian un 72 % dos galegos (de eles, ao 8,18 % parécelle correcta, mentras que o 63,64 % cre que é insuficiente). Pola contra, o 28,18 % opina que non é unha boa solución.

UN MODELO QUE RESPOSTA Á DEMANDA DO CONSUMIDOR

Outro dos aspectos a favor das gasolineiras automáticas é a súa ubicación. Só un 15,45 % da mostra de Galicia indicou que resposta frecuentemente en estrada (maioritariamente xoves menores de 35 anos), decantándose os condutores polas estacións de servizo ubicadas en zonas urbanas (30 %), seguidas daquelas que se atopan en polígonos industriais (28,18 %) e nas inmediacións do pobo ou cidade (26,36 %).

Ademais dun prezo competitivo, o que máis valoran os condutores nesta rexión dunha gasolinera low-cost é que as estacións de servizo conten con expendedores, é dicir, persoal a pe de pista que asiste na repostaxe (38,18 %). Síguelle de preto que esté operativa as 24 horas do día, os 365 días do ano (30,91 %). 

Neste senso, cabe subliñar que os galegos tamén valoran positivamente que sexan automáticas para axilizar o proceso ou que dispoñan de varios surtidores para evitar longas esperas.

COMBUSTIBLE DE CALIDADE A UN PREZO ASEQUIBLE

O elevado prezo da gasolina e do gasóleo provocou que moitos condutores deixen de mirar con receo ás estacións de servizo low-cost, aínda descoñecendo ou cuestionando se o produto que ofrecen é de igual ou de inferior calidade. Preguntados polas diferenzas entre o combustible que ofertan as gasolineras de nova xeración e as tradicionais, o 79 % dos condutores galegos descoñecen que a calidade é a mesma.

Esto é, só o 20,91 % dos encuestados opina que é o mesmo e, por tanto, teñen a mesma calidade, fronte ao 37,27 % que considera que o combustible das gasolineiras low-cost é de menor calidade, e o 41,82 % restante, asegura non saber a resposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta