A CIG perde a maioría da representación sindical en Seaga

As eleccións na provincia de Lugo están pendentes de resolución xudicial.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/12/2022 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Rematado proceso electoral na empresa pública de Servizos Agrarios (SEAGA), CCOO consolídase como segunda forza sindical, a só dous representantes da primeira. Nestas eleccións, Comisións logrou nove delegados e delegadas, reducindo en once a distancia respecto da primeira forza sindical, a CIG, que perdeu neste proceso a metade da súa representación (13 de 24). Ademais, a central nacionalista perde tamén a maioría na mesa de negociación.

Empregados de Seaga anuncian protestas
Empregados de Seaga anuncian protestas | Fonte: CIG

Nestas eleccións diminuíu o censo e, polo tanto, o número de delegados e delegadas que se elixían, un total de 24 fronte aos 36 do ano 2018. Con estes resultados, a representación de CCOO elévase dun 30,5 % ao 37,5 %, sendo especialmente bos na provincia de Pontevedra, onde logrou os cinco delegados e delegadas que se escollían. Cabe sinala tamén que as eleccións na provincia de Lugo están pendentes de resolución xudicial.

Para os próximos catro anos os principais retos en Seaga son a negociación dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, de redución da temporalidade no emprego público; o incremento do tempo de traballo ou o recoñecemento do complemento de antigüidade para todo o persoal de SEAGA. Tamén a equiparación retributiva cos salarios do convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia; unha revisión profunda dos complementos salariais e unha reformulación do sistema de listaxes de contratación e chamamentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta