O TSXG elimina as medidas adoptadas polo Covid-19 en sedes xudiciais

Restablece a situación prepandémica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2022 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou eliminar as medidas sanitarias adoptadas como consecuencia da pandemia do Covid-19 nas salas de vistas durante a celebración de actuacións xudiciais, así como as vixentes noutras dependencias e espazos comúns dos edificios.

Tal como informou o TSXG nun comunicado, o obxectivo é "restablecer no posible" a situación ordinaria e de normalidade anterior ao estado de emerxencia. Desta forma, ordenou eliminar, de modo inmediato, "todos os elementos que dificulten o acceso aos edificios e, en especial, dos profesionais", entre os que puxo como exemplos "timbres, cadeas, armarios ou mesas".

Na revisión do protocolo, a Sala de Goberno especificou que se deben retirar de todas as sedes xudiciais galegas os carteis indicativos das medidas suprimidas para "restablecer no posible a situación ordinaria e de normalidade anterior ao estado de emerxencia, sen prexuízo das medidas puntuais acomodadas a cada situación particular que poida adoptar cada xuíz en exercicio das facultades de policía de estrados que ten atribuídas ou as que poidan adoptar os decanatos no exercicio das súas competencias".

Entre outras cuestións, o TSXG tamén recomendou aos profesionais que asisten a audiencias públicas o uso de toga, pois entende que así o require "a dignidade e a solemnidade" destas actuacións. Por outra banda, acordou manter a forma de celebración das actuacións procesuais (posibilidade de facelas de telematicamente) e as medias relativas á atención ao público recollidas no protocolo (excepto as sanitarias indicadas antes).

Estudantes do Grao de Relacións Laborais e RRHH da Uvigo, no Xulgado do Social nº2 de Vigo.. TSXG
Estudantes do Grao de Relacións Laborais e RRHH da Uvigo, no Xulgado do Social nº2 de Vigo.. TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta