As vendas de coches de segunda man en Galicia caen un 22,6% en novembro, ata 8.705 turismos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

As vendas de turismos de segunda man caeron un 22,6% no mes de novembro en Galicia, ata situarse nos 8.705 coches, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove), recollidos por Europa Press.

En concreto, na Coruña comercializáronse 3.538 automóbiles usados en novembro, un 21,6% menos que no mesmo mes de 2021, mentres que en Lugo esta cifra quedou nas 1.187 unidades, un 25,7% menos. As vendas caeron en Ourense un -18,6%, ata 950 coches, e en Pontevedra o descenso foi do 23,7%, con 3.030 vehículos.

Desta maneira, no que vai de ano as transferencias de modelos de ocasión acumulan unha caída do 15,02%, con 93.835 unidades, unha cifra que triplica a baixada do 5,4% rexistrada a nivel nacional.

MERCADO ESTATAL

Precisamente, a nivel nacional, as vendas de turismos de segunda man descenderon en novembro un 10,9% no conxunto de España, con 167.539 coches no mes. Segue agudizándose o declive do mercado de ocasión que xa acumula dez meses de baixadas continuadas e cae o 5,2% respecto de novembro do ano pasado. No que vai de ano transferíronse 1.692.953 turismos de segunda man, un 5,4% menos.

Coches de ocasión na feira viguesa.. CAROULET VIGO
Coches de ocasión na feira viguesa.. CAROULET VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta