Rueda sinala Galicia como "referencia en España" en prestación de servizos de atención a maiores no rural

O presidente da Xuntaa remarcou que "ofrecer os mellores servizos a todos os galegos, vivan onde vivan, é unha das maiores prioridades da Xunta, e máis nun ano como o que vén".

Por E.P. | A CORUÑA | 05/12/2022 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou este luns que Galicia é "referencia en España" na prestación de servizos que "garanten a atención aos maiores" no rural.

Durante a inauguración do centro de maiores de Oza-Cesuras, que abrirá as súas portas en xaneiro e contará con 40 prazas, o titular do Goberno galego destacou a importancia desta nova infraestrutura tanto na dinamización do rural como na mellora de calidade de vida dos veciños da zona.

Rueda remarcou que "ofrecer os mellores servizos a todos os galegos, vivan onde vivan, é unha das maiores prioridades da Xunta, e máis nun ano como o que vén".

No ámbito da maiores --área que contará cunha partida de 438 millóns de euros nos orzamentos de 2023-- un dos obxectivos que se marca o Executivo autonómico é que "calquera galego teña próximos servizos fundamentais".

De aí a importancia de programas como o Servizo de Axuda no Fogar; da rede de máis de cen 'casas do maior' para facilitar a conciliación das familias ou a iniciativa 'Coidados Porta a Porta' que percorre as diferentes localidades galegas para ofrecer servizos de podoloxía, audiología ou estimulación de memoria e que xa chegou a 25.000 usuarios.

NOVO CENTRO EN OZA-CESURAS

O novo centro inaugurado este venres contará con 40 prazas e combinará os servizos de atención sanitaria como logopeda ou fisioterapia con actividades de promoción da autonomía ou hábitos saudables con espazos para o encontro e o uso lúdico. A Xunta indicou que asumiu o 75% do custo de pór en marcha esta nova infraestrutura social.

O presidente defendeu que un dos obxectivos da Xunta e das administracións locais é "traballar para facerlle a vida máis sinxela" aos galegos. Nese sentido, subliñou a importancia "dunhas instalacións de calidade" que servirán para "manter ás persoas maiores ben atendidas nun lugar no que eles queren vivir".

Rueda, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta
Rueda, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta | Fonte: David Cabezón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta