O DJ Martin Garrix actuará o 8 de xullo en Santiago, a mesma noite que Robbie Williams

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2022 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

O DJ e produtor neerlandés Martín Garrix actuará o próximo 8 de xullo no Monte Gozo de Santiago de Compostela, o mesmo día e no mesmo escenario no que Robbie Williams dará o seu primeiro concerto en Galicia, segundo adiantou este mércores a produtora Sweet Nocturna.

Garrix, que este ano foi nomeado por cuarta vez consecutiva o DJ número un do mundo pola prestixiosa lista DJ Mag, subirase ao escenario de Monte do Gozo por segunda vez, despois de actuar nel en 2018 dentro do festival 'O Son do Camiño'.

Así, a produtora relatou que Garrix, que conta con 25 millóns de oíntes mensuais, leva a cabo os seus shows acompañado dun gran despregamento de luces e visuais. Isto "mostra a súa capacidade intrínseca para elevar ao público e conectar con el dende o outro lado do escenario".

O cartel da xornada musical que terá lugar o 8 de xullo aínda non está completo, xa que "quedan artistas por confirmar". Ademais, non hai información sobre o prezo das entradas nin tampouco sobre cando sairán á venda.

COMPARTE ESCENARIO CON ROBBIE WILLIAMS

Así mesmo, o británico Robbie Williams recalará por primeira vez en Galicia dentro da súa nova xira 'XXV', coa que celebrará 25 anos de éxitos como solista. O concerto terá lugar o próximo 8 de xullo no Monte do Gozo, en Santiago.

Dende a súa irrupción como compoñente da 'boy band' Take That e cunha dilatada traxectoria posterior en solitario, as cancións de Robbie Williams acompañaron a toda unha xeración que creceu coa súa música como banda sonora.

O lanzamento neste 2022 do album 'XXV' marca que hai 25 anos que Robbie Williams abandonou Take That para emprender unha carreira en solitario.

Cartel que anuncia o concerto de Martin Garrix no Monte do Gozo o 8 de xullo
Cartel que anuncia o concerto de Martin Garrix no Monte do Gozo o 8 de xullo | Fonte: Sweet Nocturna

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta