Case 4,7 millóns de euros para que os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia sigan activos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2022 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este mércores repartir en 2023 case 4,7 millóns de euros entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia, coa finalidade de que poidan continuar coa súa actividade.

En concreto, o Consello da Xunta aprobou a firma das correspondentes adendas aos convenios entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e os GDR.

Con estas achegas, estes grupos continuarán coa implementación das súas estratexias no territorio e coa selección de novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento do rural.

Ademais, o Consello aprobou a convocatoria por parte da Consellería do Medio Rural dunha nova liña de axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG). Serán máis de 2,1 millóns de euros para financiar os seus labores de prevención e control de enfermidades animais.

Unha muller, Ana traballa o seu horto con máscara no Parque do Río Intre, en Lugo
Unha muller, Ana traballa o seu horto con máscara no Parque do Río Intre, en Lugo | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta