A CIG culpabiliza á conselleira de Política Social de "encher" as residencias de pacientes con patoloxías psiquiátricas

Pide a súa dimisión

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2022 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A CIG culpabiliza á conselleira de Política Social, Fabiola García, da grave situación de convivencia e sen dotación de persoal adecuada para os coidados de ingresos de residentes con patoloxías psiquiátricas. Segundo sinala nun comunicado, a conselleira “está a encher” as Residencias de Maiores da Xunta de pacientes menores de 65 anos “con graves problemas de conducta e sociabilidade, que de ningún xeito poden convivir con normalidade co tipo de residentes que están ingresados nas Residencias”.

Arquivo - Varios maiores nunha das salas da Residencia de maiores de Carballo, a 19 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varios maiores nunha das salas da Residencia de maiores de Carballo, a 19 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Ademais, tamén sinala o “malestar” que sofren o persoal e os residentes ao non contar coas prestacións adecuadas para o seu coidado. “Non existen espazos habilitados para residentes con problemas graves de saúde mental, non se lles da coidados especiais e nin os psicoxeriatras que regularmente atendían estas patoloxías en pacientes de mais de 65 anos queren atender”, explica.

Subliña que a conselleira Fabiola García “non adecuou as plantillas de persoal para atender a estes pacientes” e que as residencias que están vivindo esta situación “son unha fonte permanente de conflitos e alteran o normal día a día do resto de residentes”.

Por iso, a CIG solicita a dimisión da conselleira por “ser a responsable desta situación que está a alterar e por en perigo a convivencia e o traballo do persoal nas Residencias de Maiores”. Así mesmo, tamén sinala que a secretaria xeral, Francisca Gómez, ten que asumir as súas responsabilidades “para evitar un problema que está a causar baixas de persoal e moito medo entre os residentes maiores de 65 anos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta