Críticas ó BNG por "xenófobos"

A Asociación Galega de Amizade con Israel critica ao BNG por non apoiar unha proposta no Parlamento con motivo do Día Internacional de Recordo das Víctimas do Holocausto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/01/2008 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

 

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vírtimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

 

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

 

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

 

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras "xudeo", coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

 

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

 

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

23 rocio

Ah, e para quen escribe co seudonimo de Lena, por favor esto debe ser un foro de debate onde cada quen debe expoñer as suas ideas, pero xa vexo que a algunha "persoa" o respeto e a educación vaille demasiado grande.

22 rocio

Unha pregunta: Esta asociación de amizade con israel esta condenando tamen a masacre que estan a sufrir os palestinos? O que antes fixeron os nazis cos xudeus estan facendo agora estos cos palestinos.

21 Luis de Guimarães

O que non entendo é que os xudeos (unha parte do estado de Israel e amigos) queran condear o chamado Holocausto e silencien, grazas aos cartos ianquis, as atrocidades en Palestina. Pareceme dun cinismo bestial.

Penso que a idea do BNG é moi axeitada, como poden algúns xudeus non estar de acordo?...

20 Xurxo

A min paréceme ben que o BNG saque un comunicado, unha nota, o que considere sobre Israel. Pero mesturar un conflicto acrual co Holocausto paréceme un erro incrible nunha organización que goberna na Galiza. Non sei como explicalo, ou tentalo cando menos, aos compañeiros e amigos que están escandalizados. E non son prosionistas precisamente!!

19 anticaciquíns

non che digo!!! por iso mesmo o diciá: a todo quisqi que discrepe -sexa dos propios ou dos de enfrente-, a cortarlle o gañote. insisto iso chámase sectarismo ideolóxico.