Conduce un 'megacamión' de 60 toneladas pola A-8 tras consumir cocaína

Enfróntase a mil euros de multa e seis puntos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O condutor dun 'megacamión', vehículo articulado de 60.000 quilos de masa máxima autorizada, foi identificado pola Garda Civil da Mariña no punto quilométrico 522 da autovía A-8 tras dar positivo en cocaína.

Segundo trasladou a Garda Civil, o condutor foi interceptado nun dispositivo policial de mostraxes de alcol, drogas, controis de velocidade e inspección de vehículos.

Alí, foi requirido para a realización das correspondentes probas de detección de drogas, nas que arroxou un resultado positivo por consumo de cocaína, pendente da confirmación por parte do laboratorio de referencia.

Ante isto, os axentes formularon a denuncia segundo a vixente Lei de Seguridade Viaria que sanciona os feitos con 1.000 euros e a detracción de seis puntos do permiso de condución. Mentres, o vehículo quedou inmobilizado ata que se fixo cargo da súa condución outro condutor designado pola empresa, tras comprobarse que reunía os requisitos necesarios para facelo.

Así mesmo, o Instituto Armado explicou que un 'megacamión' caracterízase por ter unha masa máxima autorizada de 60 toneladas, un 50 % superior a un vehículo articulado "normal" e unha lonxitude de ata 25,25 metros. Ademais, necesitan para a súa circulación dunha autorización especial de circulación emitida pola Dirección Xeral de Tráfico.

Megacamión interceptado na A-8
Megacamión interceptado na A-8 | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta