Os universitarios esixen máis participación estudantil nos órganos de goberno das universidades públicas

Por E.P. | MADRID | 09/12/2022 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

A Coordinadora de Representantes de Estudantes de Universidades Públicas (CREUP) denunciou que a nova Lei Orgánica do Sistema Universitario ignora os problemas do estudiantado e non responde as súas necesidades, demandando ao mesmo tempo o aumento da participación estudantil nos órganos de goberno das universidades.

A CREUP afeou aos partidos políticos que ignorasen as peticións dos universitarios durante a tramitación da nova Lei de Universidades mediante un comunicado recolleito por Europa Press. Segundo a agrupación, os políticos deron as costas "unha vez máis" ás necesidades dos universitarios ao non incorporar os cambios significativos que reclamaba o estudiantado.

Dende a organización demandan ás diferentes formacións políticas que se pronuncien sobre se lles importan os universitarios e piden que presenten emendas substanciais ao texto antes do próximo 13 de decembro, día en que se someterá a votación a nova lei.

"Os partidos políticos, que deliberadamente ignoraron as peticións do estudiantado, teñen antes do día 13 unha última oportunidade de introducir no texto lexislativo medidas que supoñan un cambio substancial. De non incorporar ao texto estas urxentes medidas, o estudiantado será o gran prexudicado", manifestou a CREUP no comunicado.

O presidente de CREUP, Nicolás Hernández, defendeu a importancia dunha universidade pública, gratuíta, inclusiva e de calidade. Ademais, desde a Coordinadora reclaman que as universidades sexan un espazo máis accesible e democrático, onde a calidade das titulacións e a opinión do estudante estean no centro.

Clasificados universitarios e estudantes de Grao Superior galegos para a final nacional de Business Talents
Clasificados universitarios e estudantes de Grao Superior galegos para a final nacional de Business Talents | Fonte: Business Talents

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta