Rescatan o corpo sen vida dun home nunha praia de Arteixo

Descoñécense as causas da morte

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2022 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron este domingo o corpo sen vida dun home que foi atopado na auga nas proximidades da praia de Repibelo, no municipio coruñés de Arteixo.

Foi un pescador que se atopaba na zona quen deu o aviso á primeira hora da mañá. Ata o areal desprazáronse efectivos da Policía Local e os Bombeiros de Arteixo, así como da Garda Civil. Polo momento, á espera da autopsia, descoñécense as causas da morte deste home.


Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta