Unha nova aplicación web permite calcular as axudas para a rehabilitación enerxética de vivendas

A Xunta subliña que esta ferramenta "fará a vida máis fácil" e insta as administracións a "ir da man" neste ámbito

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Unha nova aplicación web, impulsada desde a Xunta e dispoñible desde este martes, permite calcular as axudas para a rehabilitación enerxética de vivendas e edificios co obxectivo de que sexan máis eficientes.

Como resultado, a aplicación proporciona unha estimación das actuacións de rehabilitación necesarias para conseguir as axudas procedentes dos fondos Next Generatión, xestionadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Nesta liña, é posible calcular o importe das actuacións, das axudas, o investimento estimado ou o custo do aforro de enerxía aforrado coas obras.

No acto de presentación en Santiago de Compostela, unha das integrantes do equipo que levou a cabo o proxecto, María José Paniagua subliñou que se trata "dun impulso para conseguir vivendas máis confortables térmicamente e máis respectuosas co medioambiente"

Deste xeito, no buscador están dispoñibles os datos pertencentes ás 1.627.135 vivendas rexistradas no catastro. Así mesmo, contén un directorio que visualiza a profesionais do sector que poidan levar a cabo estas melloras.

Así, desde este martes pódese acceder a este novo servizo a través da web do IGVS. Ademais, a aplicación poderase descargar nos dispositivos móbiles "a partir da próxima semana".

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na presentación da nova aplicación de cálculo de axudas para a rehabilitación enerxética de edificios
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na presentación da nova aplicación de cálculo de axudas para a rehabilitación enerxética de edificios | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta