Baltar avoga por "normas entendibles" para facilitar a transparencia das entidades locais de cara á cidadanía

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/12/2022 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou este martes na apertura dunha xornada técnica de debate sobre a futura ordenanza tipo de transparencia e acceso á información pública, organizada pola Deputación e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Na súa intervención, avogou por implantar "normas solventes, aplicables e entendibles" que faciliten a transparencia das entidades públicas e a participación cidadá, é dicir, "que axuden a compartir coa poboación toda a información das administracións públicas, coa excepción do disposto na lei de protección de datos".

O presidente da Deputación, na súa condición de membro da Xunta de Goberno da FEMP, manifestou que a transparencia "é un concepto relativamente novo na axenda política e que debe presidir calquera acto administrativo, sen distinción entre concellos pequenos ou con máis ou menos recursos, pois a lei é a mesma para todos".

Nesta liña, defendeu a importancia dunha xornada "que nace da idea da participación, de escoitar e debater para que a nova ordenanza sobre transparencia e acceso á información pública da FEMP recolla a opinión dos expertos e os xestores públicos".

Manuel Baltar destacou ante os presentes que a Deputación de Ourense "apostou claramente pola transparencia e o goberno aberto, sendo a primeira administración provincial de España en crear unha área específica para desenvolver iniciativas nestes ámbitos".

Como proba deste compromiso citou o liderado ourensán no ranking de deputacións, "superando o 90 % do cumprimento dos 170 indicadores de transparencia, así como o primeiro posto na lista de presidentes de gobernos provinciais". "Grazas a que somos unha administración esponxa, estamos sempre en disposición de recoller calquera iniciativa ou suxestión que mellore o rendemento da administración pública", manifestou.

DEBATE TÉCNICO ABERTO

Na apertura desta xornada tamén participaron José Nuño Risco, secretario técnico da Rede de Entidades locais pola Transparencia e Participación Cidadá, á que tamén pertence a FEMP, e Joaquín Meseguer, conselleiro técnico do Concello de Madrid.

Tamén contou coa presenza do director da área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Fernando Suárez e unha vintena de técnicos e profesionais do mundo local chegados desde oito comunidades autónomas (Andalucía, Cataluña, Valencia, Castela e León, Madrid, Baleares, Aragón e Galicia) que formularon propostas e ideas de cara á redacción da nova Ordenanza Tipo de Transparencia e Acceso á Información da FEMP.

Durante a xornada púxose de manifesto a necesidade de xerar un debate non só técnico, senón tamén aberto á sociedade civil para que escoitar á cidadanía e as súas demandas.

Xornadas sobre transparencia da FEMP
Xornadas sobre transparencia da FEMP | Fonte: Deputación de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta