Os "recortes" en pesca están causando graves "prexuízos" á frota galega, segundo o BNG

"Lamentamos que se manteña unha liña de desmantelamento continuo da nosa frota pesqueira, nun momento especialmente delicado polos efectos da crise, a pandemia, o Brexit e a limitación de capturas coa novas decisión comunitarias", critican os nacionalistas.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/12/2022 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda e a deputada Rosana Pérez denunciaron o "mantemento dos recortes" para o sector pesqueiro galego no próximo ano, en base ao acordo alcanzado polos ministros de Pesca da Unión Europea.

"Lamentamos que se manteña unha liña de desmantelamento continuo da nosa frota pesqueira, nun momento especialmente delicado polos efectos da crise, a pandemia, o Brexit e a limitación de capturas coa novas decisión comunitarias", critican as nacionalistas.

Os totais admisibles de capturas (TAC's) e cotas decidido esta madrugada polo Consello de Pesca para 2023 son, segundo Miranda e Pérez, "un novo pau ao sector pesqueiro galego nalgunhas especies". "Inevitablemente temos que rebaixar o optimismo do ministro Planas", sinala Ana Miranda.

Á súa vez, Rosana Pérez manifestou que a decisión acordada respecto do xurelo é "unha absoluta hecatombe" para o sector do cerco galego. Considera "inexplicable que se pase de 70.000 toneladas correspondentes a 2022 a 3.200 toneladas para o ano 2023". "É absolutamente inconcibible", sinala a deputada do BNG.

Rosana Pérez, Carmela González, Ana Miranda e Xabier Pérez Igrexas, do BNG, nun acto contra a regulación europea de control da pesca. BNG
Rosana Pérez, Carmela González, Ana Miranda e Xabier Pérez Igrexas, do BNG, nun acto contra a regulación europea de control da pesca. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta