Alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Pontevedra e amarela na costa de Lugo

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa --diques, rompentes, paseos marítimos-- e recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou para este xoves unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a primeiras horas da xornada deste mércores no noroeste e oeste do litoral da Coruña e estenderase ao suroeste da costa coruñesa e da de Pontevedra por mar combinado de oeste con ondas de ata seis metros.

Na Mariña lucense, a alerta será amarela por mar combinado do oeste e ondas de ata cinco metros. Tamén será de nivel amarelo o aviso no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, por ventos do suroeste, forza 7.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa --diques, rompentes, paseos marítimos-- e recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Tamén aconsella consultar a páxina web do Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro / Gustavo da Paz - Europa Press / Europa Press
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro / Gustavo da Paz - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta