O comité de Albada tacha de "decepcionante" a reunión coa empresa polo convenio colectivo

Por E.P. | A CORUÑA | 14/12/2022 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O comité de Albada, a empresa que xestiona a planta de tratamento de residuos de Nostián, tachou de "decepcionante" a reunión coa empresa polo convenio colectivo.

Nun comunicado, explica que despois do tres xornadas de folga secundadas polo persoal a semana pasada, este mércores estaba convocada unha nova reunión para seguir negociando o convenio.

Con todo, o encontro foi cualificado como "decepcionante" por parte do comité "xa que non serviu para desbloquear a situación", explica. "A empresa, desde o primeiro momento, ratificouse na proposta realizada en novembro, que supón manter os salarios conxelados ata 2028 e non recuperar os dereitos previos, a pesar de que a parte social trasladoulle unha nova proposta co obxectivo de avanzar nun acordo que permitira recuperar o poder adquisitivo dos salarios".

Asemblea de traballadores da planta de tratamento de lixos de Nostián. CIG
Asemblea de traballadores da planta de tratamento de lixos de Nostián. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta