Rueda anuncia 177 millóns de euros para políticas de vivenda e chan empresarial en 2023

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2022 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este mércores que os orzamentos de 2023 prevén reservar unha partida de case 177 millóns de euros para políticas de vivenda e chan empresarial, o que suporía un 10,5% máis que este ano.

Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, no marco da XXVII edición dos premios da Asociación de Promotores inmobiliarios de Pontevedra, Rueda subliñou que o obxectivo é dotar a Galicia de 1.200 vivendas públicas máis, mil de nova construción e 200 de rehabilitación con cargo ao programa Rexurbe.

Nesta liña, incidiu en "a obrigación das Administracións na promoción dun urbanismo responsable, unha política de vivenda integradora e unha rehabilitación que alente de nova vida ao patrimonio".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras a reunión semanal do Goberno galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras a reunión semanal do Goberno galego | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta