O proxecto de hidróxeno verde para Meirama declarado iniciativa emprearial prioritaria pola Xunta

A planta producirá máis de 4.000 toneladas de hidróxeno renovable ao ano na súa primeira fase e o obxectivo é que chegue a alcanzar unha produción total de 30.000 toneladas anuais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2022 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou, tras a reunión semanal do Executivo autonómico, a declaración dunha nova iniciativa empresarial prioritaria na Comunidade: a planta que Naturgy, Reganosa e Repsol proxectan en Meirama para producir hidróxeno verde.

Segundo os datos do proxecto que se deron a coñecer ata o momento, esta planta contará na súa primeira fase con con unha potencia de 30 MW e poderá chegar ata os 200 MW. Ademais, permitirá crear nesta fase inicial uns 400 postos de traballo.

A planta producirá máis de 4.000 toneladas de hidróxeno renovable ao ano na súa primeira fase e o obxectivo é que chegue a alcanzar unha produción total de 30.000 toneladas anuais.

A declaración de proxectos empresariais como prioritarios implica a concorrencia de razóns de interese público para tramitar de maneira urxente os procedementos administrativos, así como o seguimento e impulso dos trámites posteriores necesarios por parte da Xunta para contribuír á eliminación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta