O BNG lamenta non contar co apoio do PSOE para eliminar o delito de desordes públicas

Critica que, en cambio, "si se manifesta partidaria de derrogar o delito de sedición ou a modificación do delito de malversación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2022 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O BNG lamentou que o PSOE non apoiase as emendas rexistradas por esta formación "que buscaban eliminar o delito de desordes públicas agravadas, dado que a norma proposta vai posibilitar unha aplicación máis ampla na represión da mobilización e protestas sociais", sostén.

O resultado final da proposición de lei, explica o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, "non pode contar co apoio da organización nacionalista", que si se manifesta partidaria de derrogar o delito de sedición ou a modificación do delito de malversación".

No caso do primeiro, por entendelo como un delito "anacrónico" e que "permitía unha utilización política por parte da xustiza para perseguir accións que, incluso sendo pacíficas e democráticas, considerásense un perigo para a continuidade do Réxime do 78".

No caso da malversación, indica que a proposta presentada "mantén unha penalización elevada para aqueles casos en que se produza corrupción, con lucro persoal ou de terceiros, graduando a pena en función da actuación e despenalizando aquelas que non correspondan ao obxectivo de combate contra a corrupción senón que entren dentro da actuación política, que nunca debe ser cuestionada pola xustiza".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta