Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 18/12/2022 | Actualizada ás 21:00
O ser humano vive pegado durante a maior parte da súa vida ás pantallas. Isto é algo que xa ninguén pode discutir, pois pasamos máis tempo mirando o móbil ou o ordenador que aquilo que nos rodea. Así as cousas, os escaparates das tendas xa non teñen a mesma eficacia como reclamo que antes, igual que tampouco a teñen os anuncios en revistas ou xornais. Por iso, as marcas teñen que reinventarse se non queren quedar esquecidas, que ven a ser sinónimo de morrer.
Se non estás en redes non existes. Outra realidade que, aínda que a moitos lles pese, é a imperante na sociedade actual. Así que a comunicación dixital é fundamental. Tal e como explica a Galicia Confidencial Beatriz Ventosinos, cofundadora de Ahao Studio, adicada a facer crecer empresas a través do 'engagement' en redes, "hoxe en día a comunicación dixital é para todo o mundo, da igual o negocio que teñas ou a marca, debes estar nos medios dixitais porque o 90 % do público consume algún deles, dende páxinas web ata revistas onlines ou redes".
E como lograr que a nosa marca funcione nese mundo dixital? Beatriz apunta a seis claves que poden servir para dar os primeiros pasiños e "definir un pouco a túa estratexia de comunicación dixital". Estratexia moi útil, pois "antes non podías chegar a tanto público como agora, só darte a coñecer a través do boca a boca ou da túa ubicación física, pero agora é moi fácil que che coñezan en todo o mundo, e tamén hai influencers que facilitan moito ese traballo. Serían as seis 'W's' propias do márketing:
1.- WHO? (Quen?):
Hai que definir quen é o teu público obxectivo, a quen queres dirixirte coa túa marca, cara onde está enfocada a túa roupa e a quen lla queres vender ou quen che gustaría que a levase posta.
2.- WHAT? (Que?):
Tamén hai que definir que obxectivos se queren acadar en cada un deses grupos previamente definidos. Por exemplo, que se quere conseguir co público de 30 a 40 anos, ou que se quere lograr para ese rapaces de 18 anos que só están en Tik Tok.
3.- HOW? (Como?):
É necesario, imprescindible, crear unha personalidade de marca nas redes. Como persoas que somos, todos temos unha forma de falar, de vestirnos e de comunicarnos diferente, e isto mesmo teno que ter unha marca para facerse recoñecible.
Así, cando a xente vexa un vídeo ou unha imaxen desa marca en Instagram, por exemplo, sen necesidade de ter que ir ao nome de usuario, saberá que é nosa, simplemente pola paleta de colores que usamos, polo estilo de grabar ou pola forma de falar.
O ton que se lle queira dar ás publicacións xa é cousa de cada creador, pois hai algúns que usan un ton irónico ou bromista, e outros máis formais e serios, todo depende tamén do noso público obxectivo.
Ademais, é moi importante que esa personalidade de marca se manteña sempre invariable, sen depender do estado de ánimo da persoa que manexa as redes.
4.- WHERE? (ONDE?):
Seguidamente, como non podía ser doutro xeito, hai que decidir en que canales estar presente. Hai moitas redes sociais, pero as máis adecuadas a día de hoxe para o sector da moda, tanto para modistas como para deseñadores ou creadores de tendencia, son Instagram, Pinterest e Tik Tok.
Instagram é a rede social con máis usuarios activos hoxe por hoxe, e un referente no sector da moda, porque nela hai moitísimas persoas influíntes das que a xente se fía.
Pinterest, pola súa banda, é a grande olvidada, pois únicamente a usan os creadores de contido para inspirarse, sen darse conta de que realmente é unha boa oportunidade para darse a coñecer, servir de inspiración e posicionar a marca. Por exemplo, se alguen busca vestidos de noiva pode ver as nosas creacións en Pinterest e inspirarse nelas.
Ben é certo que nesta aplicación pérdese un pouco o valor da marca, porque adoita verse a imaxe, mais non a marca, pero axuda moito ao posicionamento online porque permite introducir un título, unha descrición e unhas palabras crave que van quedar rexistradas nos buscadores para que cando algún usuario as busque lle saiamos como resultado rápidamente.
Ademais, é moi fácil crear contido nela, pois a diferencia de Instagram, onde prima a inmediatez e a interacción cos usuarios, en Pinterest poder subir contido só unha vez á semana e segue traballando.
Finalmente, Tik Tok é unha rede social en alza que para moitos únicamente é terreo de adolescentes que bailan. Isto é certo, mais non de todo. Tik Tok está crecendo a pasos axigantados, e usando a música adecuada e introducindo palabras crave no vídeo pode ser visto por milleiros de persoas e mesmo chegar a facerse viral con bastante facilidade.
Por iso é unha rede na que aos creadores de moda lles interesa estar, porque está en crecemento e non só expón a rapaces bailando, tamén hai bufetes de avogados que falan de casos concretos, consultorías que dan tips de negocio e moitos outros contidos.
Iso si, para estar presentes nesta plataforma hai que aprender a comunicar de forma diferente, usando máis o humor e sempre de xeito informal, pois non hai que perder de vista que é unha rede social á que axente acude ao final do día para entreterse e divertirse, para desconectar, non para que a agobien.
5.- WHEN? (CANDO?):
Hai que ter en conta que non por publicar máis días lograremos mellores resultados. É preferible publicar pouco e ben que moito e mal, é dicir, mellor publicar un post de calidade á semana que tres de baixa calidade.
6.- WHY? (POR QUE?):
A finalidade que perseguimos co que estamos facendo tamén é algo que hai que evaluar de forma periódica, para non perder a visión de futuro que tanta falta fai para saber cara onde camiñamos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.