Rescatadas unha muller e unha nena tras caer co coche ao río en Lalín

Outra condutora que quedou atrapada no seu automóbil tras envorcar na AC-400, ao seu paso por Montouto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Os equipos de emerxencia rescataron na mañá deste venres a unha muller e a unha nena despois de que o vehículo no que viaxaban saísese da estrada e acabou no río, en Lalín.

Ocorreu pasadas as 8,00 da mañá na estrada de Cresante ao polígono industrial do municipio. Segundo informa o 112 Galicia, foi a propia afectada a que chamou á central de emerxencias para pedir axuda. Indicaba que con ela viaxaba unha menor que aparentemente estaba ben, aínda que era difícil precisalo porque o coche estaba envorcado e tiña pouca mobilidade e visibilidade.

Seguidamente, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo con participación dos bombeiros de Deza e o GES de Lalín. Á súa chegada, os equipos comprobaron que o coche tiña xa o motor metido na auga.

As dúas ocupantes lograron saír do vehículo con axuda para recibir a asistencia médica necesaria. A nena atopábase en bo estado de saúde, mentres que a condutora necesitou traslado ao centro de saúde do municipio. Ata o lugar do sinistro tamén acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico e foi informada a Policía Local.

RESCATE EN SANTA COMBA

Por outra banda, no municipio coruñés de Santa Comba, os bombeiros tiveron que intervir para liberar a outra condutora que quedou atrapada no seu automóbil tras envorcar na AC-400, ao seu paso por Montouto.

Un home pasa co coche pola inundación provocada polo desbordamento do río Tea
Un home pasa co coche pola inundación provocada polo desbordamento do río Tea | Fonte: Javier Vázquez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta