O PP denuncia a "mala fe" da Comisión Europea pola tardanza na revisión do veto á pesca

Teresa Egerique critica a "ofuscación" do comisario europeo Virginijus Sinkevicius.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/12/2022 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A portavoz de Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, lamentou este venres que o comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, volvese mostrar, a través dunha carta, a súa "ofuscación" no erro e o dano que supuxo para o sector da pesca a prohibición das artes de fondo.

Barcos de pesca
Barcos de pesca | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Egerique criticou que a decisión da Comisión Europea "non inicia un proceso" como afirmaba Sinkevicius, senón que o "culmina" e "leva por diante á frota de artes de fondo".

Neste sentido, a portavoz popular cuestionou que a Comisión Europea vaia facer agora "o que tiña que facer antes". "Están a corrixir o camiño percorrido ata agora pero, lamentablemente, xa é demasiado tarde", engadiu.

"Que fagan propósito de emenda e inicien a revisión desta situación, xusto o día que acaba o prazo para interpor o recurso por parte do sector, evidencia mala fe e pouca empatía con aqueles que traballan duramente no mar para saír adiante cada día", indicou.

Así mesmo, Teresa Egerique, sinalou que "non se pode esperar menos dun comisario verde ás ordes dun vicepresidente socialista". "Esperamos que prospere a acción xudicial e se tombe este desastre administrativo e normativo", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta