Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/11/2014 | Actualizada ás 14:43
Ademais estas avaliacións tradúcense na elaboración de dúas listaxes de calidade: a primeira inclúe aos 50 mellores exemplares por Índice Xenético Combinado. Nesta lista, 30 dos touros son de orixe galega e 7 exemplares figuran entre os 10 primeiros clasificados. A segunda, que xerarquiza aos 50 touros probados de alta fiabilidade en produción e tipo, inclúe 23 touros galegos e sitúa entre os 10 primeiros a 4 exemplares da nosa comunidade.
Os touros de alta fiabilidade de Xenética Fontao S.A. non son unicamente de alto nivel xenético, senón que tamén son os que máis descendencia teñen, e polo tanto, as súas probas son tamén as máis fiables. En ámbolos ránkings o 50% dos postos ocúpanos exemplares galegos. De feito, dous bovinos, “SUPREM” e “Torrell”, ocupan o segundo posto dos mellores touros xenómicos e probados, a escasos puntos das reses gañadoras.
CONAFE (Confederación de Asociacións de Frisona Española)
Esta entidade de ámbito estatal ten como obxectivo deseñar programas orientados á mellora e selección da Raza Frisona, así como a representación desta no estranxeiro a través da súa participación nas Confrontacións Europeas. Entre os seus programas principais atópase a Xestión do Libro Xenealóxico, o Programa de Cualificación Morfolóxica, as Avaliacións Xenéticas e o Control Leiteiro.
XENÉTICA FONTAO S.A.
É una sociedade mercantil pública da Xunta de Galicia, participada pola Consellería do Medio rural e do Mar, así como polas asociación sectoriais galegas FEFRIGA e ACRUGA, que ten como finalidade a selección e mellora xenética ao servizo da gandería.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.