A Xunta subvenciona os gastos pola adquisición de máscaras dous anos despois da pandemia

Di que é para "compensar o prexuízo económico derivado da evolución dos prezos medios de adquisición das máscaras ao longo da pandemia con relación ao facturado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución para a concesión directa de axudas, de carácter extraordinario, destinadas a sufragar os gastos ocasionados pola adquisición de máscaras durante a pandemia da Covid-19.

Faino ao non ser posible entón prever o prezo que deberían satisfacer as empresas que manifestaron a súa adhesión ao sistema de compras organizado pola administración autonómica.

Agora, para "compensar o prexuízo económico derivado da evolución dos prezos medios de adquisición das máscaras ao longo da pandemia con relación ao facturado", comunica a concesión destas axudas extraordinarias para empresas, asociacións, federacións e clústeres adheridos ao citado sistema de compras.

A axuda non será compatible coa percepción doutras subvencións para este fin e serán entidades beneficiarias aquelas a as que, na data de aprobación desta resolución, conste que se lles entregaron as máscaras durante a pandemia, previa manifestación da súa adhesión ao citado sistema de compras centralizadas.

Unha persoa maior toma unha máscara entre as súas mans. USC
Unha persoa maior toma unha máscara entre as súas mans. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta