Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 18:01
A cuarta edición do festival O Son do Camiño, celebrarase os días 15, 16 e 17 de xuño no Monte do Gozo de Santiago, segundo anunciou o propio evento nas súas redes sociais.
O Son do Camiño bateu o ano pasado todas as súas marcas cando unhas 40.000 persoas asistiron diariamente, durante os tres días de festival, aos case 50 concertos que conformaban o cartel.
Nas edicións celebradas, o festival, nacido en 2018, contou nos seus escenarios con artistas nacionais e internacionais da talla de Martin Garrix, C. Boureo ou Jhay Cortez.
Polo momento, descoñécense os artistas que formarán parte desta cita musical en 2023. Ademais, tampouco se sabe cando sairán as entradas á venda, así como o seu prezo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.