Case 4.000 persoas faleceron con Covid en Galicia desde o inicio da pandemia

Nas últimas horas morreron oito pacientes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Os falecidos con covid sitúanse en case 4.000, un total de 3.998 segundo o último parte actualizado polo Sergas ás 18,00 horas do luns, día 19, desde o inicio da pandemia, o que supón oito máis respecto ao dato facilitado na xornada do luns.

Mentres, ascende lixeiramente o número de persoas ingresadas no hospital, un total de 241, cinco máis respecto ao anterior parte. Son 238 os ingresados en planta e tres en Unidade de Coidados Intensivos, unicamente na área sanitaria da Coruña e Cee (2) e na de Santiago de Compostela-Barbanza (un).

Os novos casos rexistrados nas últimas 24 horas sitúanse en 158, dos que 31 corresponden á área sanitaria da Coruña-Cee; 15 á de Ferrol; 16 á de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos; 27, á de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; 16 á de Pontevedra-O Salnés; 19 á de Santiago de Compostela-Barbanza e 34 á de Vigo.

Os pacientes con infección activa ascenden a 2.069 en toda a comunidade autónoma, dos que 446 corresponden á área sanitaria da Coruña-Cee; 141 á de Ferrol, 238 á de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos; 318 á de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; 174 á de Pontevedra-O Salnés; 290 á de Santiago-Barbanza e 462 á de Vigo.

Por áreas, a da Coruña-Cee rexistra 77 persoas hospitalizadas en planta e dúas en UCI; a de Ferrol, 11 en planta; a de lugo, 17; a de Ourense, 28; a de Pontevedra, 18; a de Santiago, 33 e a de Vigo, 54.

Galicia recibe 77.600 doses para a vacinación da cuarta dose contra a covid.. XUNTA
Galicia recibe 77.600 doses para a vacinación da cuarta dose contra a covid.. XUNTA | Fonte: Europa Press

En canto aos falecidos nos últimos días, todos tiñan patoloxías previas. Na área da Coruña e Cee, morreu un home de 64 anos o pasado 16 de decembro mentres que o 17 fixérono cinco persoas.

En concreto, un home de 82 anos na área sanitaria de Vigo; outro de 96 anos na de Santiago; unha muller de 89 na de Pontevedra e un home de 88 anos na de Vigo, ademais doutro de 78 anos na de Ourense. O 18 de decembro faleceu un home de 98 anos na área de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta