Falece unha persoa nunha saída de vía en Boqueixón

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaba na localidade coruñesa de Boqueixón. En concreto, o sinistro produciuse este martes no lugar de Loureda, na vía que vai do lugar de Caneda á parroquia de Vigo.

Segundo confirmou o 112 Galicia, foi un particular quen alertaba deste sinistro sobre as 14.00 horas. Na súa chamada sinalaba que no interior había unha persoa inconsciente.

Deste xeito, os operadores do 112 mobilizaron ata o lugar aos Bombeiros de Ordes, a Protección Civil de Boqueixón e á Garda Civil de Tráfico, así como aos servizos sanitarios.

Nun primeiro momento o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 valorou a posibilidade de enviar un equipo médico a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero, finalmente, cancelouse ao confirmar os servizos de emerxencia desprazados ata o lugar o falecemento do condutor do vehículo sinistrado.

Axega 112 Galicia informa de accidente de tráfico con turismo implicado
Axega 112 Galicia informa de accidente de tráfico con turismo implicado | Fonte: Axega 112 Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta