O Goberno dá luz verde á mellora da intersección da N-550 coa SC-20 en Santiago

O proxecto, someterase "proximamente" ao trámite de información pública.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou provisionalmente o 'proxecto de mellora da intersección da estrada N-550 coa SC-20 en Santiago', cun investimento de 592.196 euros.

Segundo sinalou o Mitma nun comunicado, o obxectivo é diminuír o número de manobras na condución para minimizar a posibilidade de colisións laterais e frontais. Isto permitirá a mellora da seguridade viaria na intersección e na súa contorna.

Entre as principais actuacións contempladas está a transformación do ramal de saída desde a AG-56, cara á estrada SC-20, nun carril de trenzado e a remodelación da intersección de Lugar de Cruxeiras.

Así mesmo, nas zonas afectadas polas obras procederase ao saneo e reposición do firme e a recolocación das luminarias. Tamén levará a cabo a reposición do balizamento e sinalización. O proxecto, someterase "proximamente" ao trámite de información pública.

N-550. Arquivo
N-550. Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta