Rueda nega que o galego sexa menos falado que o castelán e reivindica a "cordialidade lingüística" de Galicia

O INE situaba esta semana o galego por debaixo do castelán como lingua usada con máis frecuencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou a "convivencia" e a "cordialidade lingüística" que se promove en Galicia e que, baixo o seu punto de vista, ten a obriga de impulsar o Executivo autonómico, tras ser preguntado pola caída no uso do galego.

En concreto, manifestouno despois de facerse público esta semana o censo do Instituto Nacional de Estatística (INE) que, con datos de 2021, sitúa por primeira vez o castelán como a lingua usada con máis frecuencia en Galicia.

Na súa resposta, Rueda remitiuse a un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) que, con datos previos ao estudo do INE, apunta que "o uso do galego é maioritario, cun 51,8 %, sobre o uso do castelán".

Máis aló, reivindicou que a obriga da Xunta é facilitar a convivencia e a cordialidade lingüística, e que "a maioría da poboación" di "falar e escribir en galego sen dificultade".

Tamén remarcou que se debe traballar en fomentar o uso do galego, de forma que "quen queira usalo, póidao facer" e asumir o reto da incorporación da lingua propia ás novas tecnoloxías, o que permitiría conectar con "moitísima xente nova". "Iso é o que ten que facer a Xunta", resolveu.

Dominó de Animais, un xogo tradicional en lingua galega
Dominó de Animais, un xogo tradicional en lingua galega | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 uu1

Mente porque conhece a realidade, os datos do IGE que afirma que só o 25% dos menores de 15 anos usam o galego de forma habitual no âmbito familiar do ano 2018 (somando só galego + mais galego que castelhano) e comparemo-lo com o ano 2003 (mais do 40%), https://www.ige.gal/igebdt/esqv.jsp...[12];1[all];0[all]&C=2[0];3[all]&F=&S=&SCF=, é um DEMAGOGO

1 Moine

Esta é a grande obra de Frijol e do PP na Galiza: a destruiçom da sua língua e cultura. E ainda há galeg@s votando a estes etnocidas que os levam a sua desapariçom como povo.