A síndrome coronaria aguda, primeira causa de morte entre as enfermidades cardiovasculares, podería entrar na axenda de prioridades sanitarias

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/12/2022 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves a proposición non de Lei do Grupo Popular a través da que se solicita incluír a síndrome coronaria aguda, primeira causa de morte entre as enfermidades cardiovasculares, na axenda de prioridades sanitarias da Xunta de Galicia.

A portavoz 'popular' de Sanidade, Encarna Amigo, explicou que "a insuficiencia cardíaca aguda é a principal causa de hospitalización das persoas maiores e o principal determinante dos enormes custes sanitarios asociados".

"O infarto agudo de miocardio é unha emerxencia médica, polo que demanda atención inmediata", sinalou Amigo, non sen antes apuntar que "o diagnóstico precoz é fundamental en todas as patoloxías, pero no caso do infarto agudo de miocardio o tempo é o que marca de maneira decisiva a supervivencia do paciente".

"A prevención primaria da insuficiencia cardíaca aguda céntrase, na prevención, diagnóstico precoz e tratamento de factores de risco cardiovascular e enfermidades cardíacas, incluída a enfermidade coronaria, mentres que a prevención secundaria para evitar novos episodios de descompensación require a optimización do tratamento da insuficiencia cardíaca, a educación sanitaria do paciente e o desenvolvemento dun plan de transición e seguemento efectivo", sentenciou.

Os galegos sofren máis riscos cardiovasculares que a media en España
Os galegos sofren máis riscos cardiovasculares que a media en España | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta