Reganosa busca a dez graduados en enxeñaría industrial, química, naval ou equivalente

A empresa anunciou que aumentará un 6,2% o seu número de empregados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Reganosa anunciou que aumentará un 6,2% o seu número de empregados, en aplicación do seu plan estratéxico. A multinacional galega de enerxía abriu esta mañá un proceso de captación de persoal para incorporar a dez novos enxeñeiros.

Desta maneira, explican nun comunicado, consolidan a súa expansión, "un desenvolvemento iniciado a década pasada e que alimentan por dúas vías: a da internacionalización e, sobre todo, a da diversificación da actividade".

Cando o proceso de selección conclúa, nas próximas semanas, pasará a contar con 171 traballadores, dúas veces e media máis que ao peche de 2015 (70). O 97,1 % deles serán titulados medios ou superiores.

A empresa busca a unha decena de novos graduados superiores en enxeñaría industrial, química, naval ou equivalente, como se indica na oferta cuxos detalles os aspirantes poden consultar accedendo ao perfil corporativo de LinkedIn e a través da páxina web www.reganosa.com. Os contratados seguirán un plan de formación integral que os levará a coñecer os procesos produtivos e as diferentes ramasde actividade do grupo, segundo relatan.

Actualmente o persoal do grupo compona na actualidade 107profesionais con posto en Mugardos e 54 que traballan noutras partes do mundo. Os empregados distribúense entre as distintas liñas de negocio do grupo.

Terminal de gas natural licuado (GNL) de Reganosa en Mugardos (A Coruña). CEDIDA/EP - Arquivo / Europa Press
Terminal de gas natural licuado (GNL) de Reganosa en Mugardos (A Coruña). CEDIDA/EP - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta